miércoles, 29 de noviembre de 2023

" Magosto na Guía "

 Aquí vos deixamos a mostra do ben que nolo pasamos no noso magosto. Xogamos, comemos e pintámosnos.Agradecer ao Anpa a súa colaboración no asado de castañas e dos chourizos. Moitas grazas a Ivó, Sara, Raquel, Ángela, Marta e Tati por asar as castañas e preparar eses chouripáns tan sabrosos. Grazas a Jacobo por deixarnos o aparello para poder asar e tamén a David por cortar e doarnos a leña. Moitísimas grazas a tod@s.





 


sábado, 25 de noviembre de 2023

" 25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "

 " NIN GOLPES QUE DOAN NIN PALABRAS QUE FIRAN "

Grazas a  Asociación de Mulleres de Moaña por vir acompañarnos onte a cantar unha belísima versión dos Secretos " Deixáme". Non podedes perder de escoitala no noso blog. Mil graciassssss😍.




" Estampación de camisetas- Matrácala "

 o xoves tivemos no cole un obradoiro de estampación de camisetas da man de Matrácala. Dita estampación non foi unha estampación calquera, xa que o que fixemos foi deseñar a nosa camiseta reindivicativa do 25 N. Cada un/unha deseñou o seu selo conmemorativo que logo estampou na súa camiseta. Usamos a nosa creatividade e saíton cousas moi bonitas. O ben que o pasamos o podedes ver no noso blog 😍.



viernes, 24 de noviembre de 2023

" Teatro de sombras: o brazo de Mike" - Centro de Educación Especial.

 A actividade de hoxe, dentro da nosa semana da diversidade, foi un teatro de sombras da man do centro de educación especial San Rafael de Vigo. Oito rapaces e rapazas deste centro, xunto con dous dos seus profesores, representaron a obra de teatro "O brazo de Mike", basada nunha historia de Samaín cargada de emocións. O noso infinito agradecemento polo voso traballo e por vir compartilo con nòs. Mil grazassss. 


"Divermonstruos"

 Comezamos hoxe a nosa semana da diversidade con moitas actividades organizadas. A actividade de hoxe foi "diversimonstruos", da man do esritor, ilustrador e deseñador Anxo Fariña. Aprendemos moitas cousas con el e deseñamos cadanseu monstruo. Grazas Anxo Fariña por vir visitarnos.








jueves, 23 de noviembre de 2023

" Odaiko "

Onte celebramos o Día Internaciónal da Música ao grande. Asistimos no teatro a fundación, a un espectáculo musical a cargo de "Odaiko". Un grupo de percusión que combina o humor, a música e os instrumentos de xeito sorpresivo para enchernos de melodías e moito ritmo. Encantounos 😍.


 

miércoles, 22 de noviembre de 2023

" Charla nutritiva "

 Onte o alumnado do primeiro ciclo aprendeu moitas cousas sobre alimentación saudable grazas aos consellos sobre alimentación aportados por as dúas nutricionistas do centro de saúde de Moaña Yaiza e María que viñeron visitarnos. Moitas grazasssssssssssss😍.




" Entrevistamos a Lourdes, directora de Cáritas de Meira "

 Onte estivo no cole Lourdes, a directora de Cáritas de Meira, a cal ,foi entrevistada na radio polo  alumnado de relixión de sexto de educación primaria. Aquí tedes a mostra de dita gravación que posteriormente tamén a poderedes escoitar na nosa canle GOLFIRADIO. Moitas grazas Lourdes por colaborar con nós 😍.




lunes, 20 de noviembre de 2023

"Pleno Infantil"

 Aquí vos deixamos o vídeo coa nosa intervención no pleno infantil levado a cabo o pasado xoves no salón de plenos do concello. Nesta ocasión estivemos representados por Carmen, Paola e Adrián, alumnado de sexto de educación primaria. Noraboa fixéchedelo xenial!



domingo, 19 de noviembre de 2023

" Todas e todos contamos "

 "Todas e todos contamos " é unha proposta inclusiva de Afundación para o público escolar que nós tivemos a sorte de desenvolvela o mércores pasado no cole.

Infantil e primeiro ciclo presenciaron un contacontos " A familia ". Narrouse un contro creado pola fundación Igual Arte, de maneira teatrealizada, ademais de signar con linguaxe de signos as partes fundamentais.

Ao rematar, fixeron unha actividade chamada "creando a miña familia". Cada neno e nena dibuxou as persoas que conformaba a súa familia, logo as uniron e fixeron un móbil colgante. 

Segundo, terceiro e cuarto de primaria desenvolveron o circuito circense. Crearon o seu propio circo. Colocáronse un circuito con diferentes estacións nas que o alumnado realizou actividades de equilibrio, puntería e acrosport.

Para quinto e sexto de primaria "globoflexia". Explicáronlle os principios desta técnica artística. Na parte práctica ensináronlle algúns pasos básicos como inflar os globos e facer figuras básicas. Unha vez realizada a primeira toma de contacto, dividíronse en grupos e fixeron cada un un pulpo xigante. ESPECTACULAR!

Moitas grazas a fundación Igual Arte e a Fundación por poñer en marcha este tipo de iniciativas.

 



jueves, 16 de noviembre de 2023

" A protectora de animais do morrazo visita a Guía "

 O martes estivo no cole Lorena, traballadora da protectora de animais do Morrazo, para falarnos da súa labor na protectora e do que fan. Tivemos a sorte tamén de entrevistala na radio. Dita entrevista foi realizada por alumnado de terceiro e cuarto de primaria no obradoiro de radio. Aprendemos moitísimas cousas. Moitas grazas Lorena por vir pasar un rato con nós 😍.





miércoles, 15 de noviembre de 2023

" Provocación en infantil "

O alumnado de educación infantil traballou a motricidade fina a partires dunha nova provocación con diferentes materiais manipulativos. pasámolo en grande!



 

" Saída de Xogade "

Dentro do programa Xogade, o alumnado dende segundo a sexto de educación primaria, participarono 6 de outubro na competición de Cros na Xunqueira de Moaña. Este taballo foi realizado por alumnado de quinto e sexto de e no obradoiro de audiovisuais.




 

jueves, 9 de noviembre de 2023

" Traballo en educación infantil "

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos en infantil no colexio da Guía e todo o que aprendemos traballando por recantos, a través do xogo e da investigación (neste caso investigamos sobre os osos).



" O samaín dos/as elefanteosos/as "

 Os  e as elefantosos/as gozamos co Samaín con moita ledicia e ilusión, facendo cabazas solidarias espectaculares e disfrazándonos cos nosos mellores disfraces e así asustar a profe Maite.

Grazas a todas as familias pola vosa axuda e colaboración.



miércoles, 8 de noviembre de 2023

" Vídeo titorial "

Aquí vos deixamos un enlace do blog da biblioteca onde podedes atopar un titorial feito no obradoiro de biblioteca sobre o xogo que tanto lles gusta aos mais pequenos e pequenas do cole , " Abejitas Zum Zum "

https://biblioaguia.blogspot.com/2023/11/obradoiro-biblioteca.html

" Gañadores do concurso cabazas deste ano "

 Este ano o noso premio foi unha colaboración con UNICEF mediante a compra de dez kits de supervivencia. Cada un destes packs conteñen 6 sobres de alimento terapeútico, 3 vacinas e 200 pastillas potabilizadoras. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. Fixestes un traballo maravilloso.






sábado, 4 de noviembre de 2023

" Obradoiro de Samaín "

O pasado luns tivemos unha actividade moi chula con motivo da semana do Samaín. O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron nun obradoiro impartidos polas mestras de educación infantil Maite e Lucía. O obradoiro tivo dúas partes, nunha primeira o alumnado creou mensaxes secretos con tinta invisible.Tiñan que descubrir a palabra secreta e debuxar o elemento terrorífico que lles tocase. E na segunda parte deste obradoiro, gozaron dunha divertida sesión de contacontos con luz negra. 

Foi unha actividade moi divertida e pasámolo xenial! 




jueves, 2 de noviembre de 2023

" Contacontos en Inglés "

 O luns pasado o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria na hora de lectura, e dentro das actividades do Samaín, puideron gozar do libro "Busy Halloween " narrado pola teacher Olga. Estivo xenial e todos e todas remataron cantando a canción "Knock knock, trick or treat". Aquí vos deixamos a mostra.



miércoles, 1 de noviembre de 2023

" Xogando ca nosa imaxinación, creamos contos de Samaín"

O pasado mércores no obradoiro de expresión escrita: Shira, Laura, Lena, Gael, Lucas, Enzo, Jimena, Olivia e Itziar, deixaron voar a súa imaxinación creando historias de Samaín coa mesa de luz. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.