martes, 18 de abril de 2023

 Co motivo do final dos 21 días, o alumnado de infantil gozou dun obradoiro de chocolate onde elaboraron piruletas con diferentes formas marinas, enlazando dita actividade coa nosa temática  " A Ría de Vigo".

O día rematou cun visionado de curtos da editorial OQO e coa degustación de flocos de millo. A verdade que o pasamos xenial!😍

 



" Saída bosque atlántico "

 Visita ao Campus universitario Lagoas-Marcosende (Vigo), dentro do programa " Da a coñecer as especies arbóreas orixinais do subsector bioxeográfico Rías Baixas" en colaboración co Concello de Moaña ".