miércoles, 21 de diciembre de 2022

" Panxoliñas de nadal "

 Aquí vos deixamos as panxoliñas que estiveron traballando o alumnado de relixión coa nosa mestra Inés. O alumnado de infantil e primeiro de primaria " Ímonos para a aldea " e de segundo de primaria ata sexto: "Nadal de Luintra ", "Os anxeliños do Ceo" e "Campana sobre Campana ". Grazas a Inés e a todo o alumnado por deleitarnos con estas panxoliñas tan bonitas e encher o cole de espíritu navideño😍.


 O alumnado de quinto de educación primaria fixo un Kamishibai " Rodolfo o Reno" que logo o representou na biblioteca para todo o alumnado do centro. Enhoraboa, bo traballo!😍



" Un nadal no bosque "

O alumnado de cuarto de primaria levou a cabo, para todo o alumnado do centro, un teatro de sombras 
" Un Nadal no bosque " dentro das actividades que programamos na semana do NADAL. Noraboa,bo traballo!😍




 

viernes, 16 de diciembre de 2022

 O alumnado de primeiro e segundo de primaria foron galardonados co primeiro premio de grupos no concurso de debuxo e fotografía das ILLAS CÍES, organizado polo FARO DE VIGO. A parte de asistires ao evento de recollida do premio, que para eles/as xa foi un premio en sí, estes poderán visitar as illas de valde. Encantoulles atopar alí a Abel Caballero e que lles adicara o encendido de luces de ese mesmo día.

 Dende o centro queremos agradecer a todas as familias a súa asistencia o evento e sobre todo, felicitar a todo o noso alumnado polo seu traballo e coma non as mestras encargadas de organizar todo isto; Cora e Arancha. ENHORABOA, SODES XENIAIS!




" Visita ao Concello de Moaña "

 Onte tivemos a sorte de visitar as instalacións do Concello de Moaña dentro do programa " Aprende Moaña ". O alumnado de cuarto de primaria visitou todos os recunchos desta institución acompañados do Concelleiro de Facenda Aldán Santamarina. Agradecerlle enormemente a alcaldesa, Leticia, que nos fixera un oco dentro da súa axustada axenda para recibirnos no seu despacho. Aquí vos deixamos unha mostra deste momento.


" ECUPERCUSIÓN "

 Onte se levou a cabo a actividade de ecupercusión para o alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Actividade ofertada polo Concello de Moaña e que ten unha moi boa acollida entre o noso alumnado polo seu dinamismo e polo bo facer do encargado de levala a cabo, Didier Díaz Madan. Moitas grazas, sempre é un pracer!



" OBRADOIRO DE NADAL "

 A semana pasada veu ao cole Nuria, a mamá de Leo a facernos un obradoiro onde o obxectivo era facer  adornos navideños. Neste obradoiro participou o alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria. A verdade que estivo moi interesante e gustounos moito. Moitas grazasssssssssss Nuria.



martes, 13 de diciembre de 2022

" Visita museo do mar "

 O pasado mércores 7 de decembro o alumnado de infantil, primeiro, segundo e terceiro de primaria asistimos ao Museo do Mar en VIGO para visiolizar o seu acuario e seguir coñecendo mais cousas da nosa Ría de Vigo.

 


 

miércoles, 7 de diciembre de 2022

" xogade e xogos populares do magosto "

 Aquí vos deixamos un vídeo sobre actividade do Xogade realizado no obradoiro de audiovisuais e outro traballo sobre os xogos populares do magosto feito por Leo e Pedro. Esperamos que vos guste.




martes, 6 de diciembre de 2022

lunes, 5 de diciembre de 2022

" Down Pontevedra "

A semana pasada tivemos a sorte de contar no centro cunha xornada de sensibilización da man da asociación Down Pontevedra, dentro da nosa semana da diversidade. Fixemos unha serie de dinámicas e aprendimos algunha que outra cousiña. Queremos agradecer aos monitores da asociación  polo seu traballo e o seu trato pero especialmente a Óscar e Jose Carlos por deixarnos coñecer as súas aficións, contarnos un conto, etc. Aquí vos deixamos unha mostra da actividade. Moitas grazas por vir a visitarnos!








" Devanceiros do Mar "

 Aquí vos deixamos unha mostra da maravillosa exposición que tivemos a sorte de ver en Moaña " Devanceiros do Mar". Felicitalos por dita exposición, xa que nos encantou, aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial.



" Pleno infantil "

 O venres pasado, Pedro e Raúl, asistiron ao pleno infantil no concello de Moaña para presentar as súas aportacións de propostas de mellora sobre a problemática dos incendios forestais. Aquí vos deixamos a súa intervención. Fixéronno xenial. Noraboa rapaces 😍.