jueves, 21 de marzo de 2024

" Chocolatada "

 Hoxe todo o alumnado de educación infantil acudiu ao Bar do Latón para degustar un riquísimo chocolate con churros. Moitísimas grazas a  Rosa e Jacobo pola súa amabilidade e polo seu cariño. Voltaremos😍.




" Creando "

O Alumnado de educación infantil estivemos experimentando con novas ferramentas TICs. Fixemos maxia coas nosas propias ilustracións dos contos "O Monstruo Rosa" e "Na casa dos tres porquiños cheira mal".

Esperemos que vos guste tanto coma a nós.

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/03/ferramentas-tics-2.html

martes, 19 de marzo de 2024

" Obradoiro de Regueifas con Luis Caruncho e Pinto D´Herbón "

 Hoxe o alumnado de quinto de educación primaria, gozou dunha clase diferente na que primou a improvisación, a rima, o dominio da linguaxe, o ritmo...Sesión adicada ás regueifas impartida por dous consumados especialistas: Caruncho e Pinto D´Herbón. Actividade proporcionada dende o Concello de Moaña dende o servizo de Normalización lingüística





" Visita de AFAMO "

 Qué bonita experiencia a vivida o pasado xoves no noso cole! Fumos afortunados de contar cas persoas usuarias de AFAMO que viñeron visitarnos. O alumnado de cuarto de primaria, exerceron de anfitreóns: ensináronlles as nosas instalacións, representaron o conto de " MARTIN GRIS " mediante a técnica do Kamishibai e preparáronlles unha rica merendola. Enhoraboa rapaces/as, orgullosos e orgullosas de vós 😍.



domingo, 17 de marzo de 2024

" Visita casa museo de Rosalía de Castro "

 O martes pasado; o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria, foron a Padrón a visitar a casa museo da nosa poeta Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos a mostra desta pequena viaxe 😍.




" A HORTA DE SIMON "

 O alumnado de segundo de educación primaria preparou un teatro con títeres (diseñados por eles mesmos) que logo representou e presentou a todo o cole. A verdade que o fixeron de dez. Sodes uns artistas 😍.



" 8M "


 

jueves, 14 de marzo de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER "8 DE MARZO"

 Deixámosvos o manifesto que leemos no centro por  mor do día da muller traballadora. Nesta ocasión as protagonistas do mesmo foron as nenas de sexto de educación primaria: Valentina,Carmen, Laia e Paola. 

Moitas grazas rapazas polo voso traballo😍.






viernes, 8 de marzo de 2024

" ZAMPAKILOS SOLIDARIO "

 Hoxe o alumnado de segundo e cuarto de educación primaria participaron coma voluntarios no ZAMPAKILOS SOLIDARIO organizado polo banco de alimentos de Vigo. Estivemos no Eroski de Moaña recollendo alimentos.

O presidente do banco de alimentos, Iván Martínez, e a responsable de comunicación Ruth Villar viñeron a agradecernos en persoa a nosa colaboración. Foi moi reconfortante ver a gran solidariedade da veciñanza de Moaña. 

Como non podíamos estar todos xuntos facendo esta labor, aproveitamos para facer a compra e así traballar o cálculo con números decimais e desenvolver así, a nosa competencia matemática.

Bo traballo 😍.



" Visita de Concha Trigo "

 Onte tivemos a sorte de ter unha charla/coloquio no centro da man de Concha Trigo, colaboradora incansable na Asociación de Mulleres de Moaña e xubilada do Xulgado de Paz. Deixamosvos a mostra do poema que nos leeu como remate final da súa charla. Moitas graza por vir visitarnos 😍! 





sábado, 2 de marzo de 2024

" Día de Rosalía "

 O alumnado de quinto de primaria levou a cabo unha sesión de Kamishibai sobre a vida de Rosalía para o resto do alumnado do centro. Esta sesión rematou cun poema cantado desta compositora "Adiós ríos, adiós fontes ". Enhoraboa polo voso traballo!





" Xogamosssssssss..."

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/03/xogamosssssssss.html

Enlace do noso blog da biblioteca onde podedes atopar tres videotitoriais de xogos que temos na biblioteca. Os seus protagonistan son o alumnado de primeiro e segundo de primaria. Animádevos a xogar...!

viernes, 1 de marzo de 2024