miércoles, 31 de enero de 2024

" Superheroes e superheroínas do Morrazo"

 Aquí vos deixamos un anaquiño de como estamos levando a cabo o noso proxecto en educación infantil. Un proxecto solidario moi bonito. Esperamos que vos guste.



" Novidades Biblioguia "

Temos dúas publicacións novas no noso blog da biblioteca "Biblioguia".

Aquí vos deixamos os enlaces para que podades botarlle un ollo!

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/01/obradoiro-de-biblioteca_31.html 

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/01/obradoiro-de-biblioteca.html

" Obradoiro de habilidades sociais "

 As habilidades sociais axúdannos a atopar solucións eficaces no noso día a día. Todos somos importantes á hora de traballar en equipo. Resolvemos un laberinto en colaboración grupal.




martes, 30 de enero de 2024

" Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia "

O pasado mércores Carmen, Paola e Adrián, asistiron ao concello a recoller a certificación do RECOÑECEMENTO como cidade amiga da infancia que lle foi ortorgada o concello de Moaña polo seu compromiso cos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes., dentro do programa Ciudades amigas da infancia de UNICEF. ENHORABOA!




lunes, 15 de enero de 2024

" Día de convivencia cas familias polo Nadal "

 Nesta publicación podedes escoitar as outras cancións que cantamos no Nadal coa axuda da nosa mestra de música ELI : Buscando unha estrela, a Saia da Carolina e a Rianxeira e tamén cantamos unha canción en inglés coa colaboración da nosa teacher Olga "All I want for Christmas is you " de Mariah Carey.








domingo, 14 de enero de 2024

"Día de convivencia cas familias polo Nadal "

 Aquí vos deixamos as panxoliñas (Ay del Chiquirritín, No Pendello, Navidad es Navidad e Adeste Fideles) que cantou o alumnado de relixión acompañados da mestra Inés para amenizarnos o día de convivencia que fixemos cas familias o día de Nadal. Un agradecemento especial para Afamo que veu pasar un ratiño con nós. Moitas grazas a todos e todas por vir compartir con nós este día.