miércoles, 24 de mayo de 2023

"Marisqueando "

 O pasado luns o alumnado de educación infantil tivo a sorte de poder asistir a unha xornada de marisqueo  grazas a presidenta da cofradía de Moaña, María Dolores e a todas as mariscadoras que fixeron posible levar a cabo esta actividade. Moitas grazas pola vosa paciencia e o voso bo facer. Encantounos😍!


 

martes, 23 de mayo de 2023

" Camiño de Santiago "

Onte o alumnado de primeiro e segundo de primaria tiveron a sorte de participar na actividade organizada polo concello de Moaña sobre o camiño de Santiago. Éste tamén pasa por Moaña para logo dirixirse a Pontevedra. Gozamos dun sendeiro ao lado do río, os muíños e escoitamos contos relacionados co camiño. Ademáis aprendemos sobra a vexetación do lugar.


 

martes, 16 de mayo de 2023

" Letras galegas "

 Hugo e Xabi Martínez, fixeron unha pequena montaxe sobre o significado de celebrar o día das letras galegas e de paso invitar a todas as familias a que nos acompañedes este venres día 19 de maio , día que o celebraremos no  noso centro. Moitas grazasssss polo voso traballo rapaces 😍.


 

" Crooss Tirán "

 Aquí temos os nosos participantes do Cross de Tirán realizado o pasado domingo. Viñeron tod@as cargadiños de medallas. Enhoraboa a tod@as 😍.


 

miércoles, 10 de mayo de 2023

" Semana día do libro "

 Aquí vos deixamos un resumo de todas as actividades que levamos a cabo durante a semana do libro no centro: os de primeiro de primaria contaron o conto de "Leotolda " con luz negra, o alumnado de segundo de primaria fixeron un teatro de sombras a partir do libro " Os tres bandidos", o alumnado de terceiro de primaria escenificaron o conto " A cebra Camila " e como remate final a xincana literaria onde participou todo o alumnado do centro.




" Pasarrúas por Meira "

 Aquí vos deixamos unha montaxe do entroido que fixo Hilario ,o papá de Aeris. Moitas grazas por facer esta montaxe e por facilitárnola 😍.




lunes, 8 de mayo de 2023

" Cross Riomaior "

 Aquí temos o noso equipazo que viñeron con medallas e trofeos do cross que se realizou esta fin de semana en Riomaior. Falta nesta foto Area, que hoxe non veo ao cole.Enhoraboaaaaaaaaa a todos e todas 😍.