jueves, 26 de enero de 2023

 O martes tivemos a sorte de contar no centro coa Asociación APAMP. Esta asociación ten coma misión a de contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, tanto a eles/as coma as súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

Estiveron connosco dous dos seus membros, Fernando e Nacho acompañados de Sara, unha das súas monitoras. Con eles, apredemos a xogar ao Slalom xa que Nacho foi sete veces campión de España e a Boccia.
Moitísimassssssssss graciassssssssss por vir, esperamos que repitades, xa que nos encantou coñecervos e xogar con vós.
 

 

" Xornada de convivencia-Nadal 22 "

 Aquí vos deixamos o resumo da nosa convivencia cas familias o día de Nadal. Esperamos que vos guste. Moitas grazassssssssssss a todos por asistir e por colaborar coa degustación. Descubrimos que temos grandes artistas da repostería entre nós.

Agradecer tamén a colaboración a nosa Anpa na organización deste evento. Darlles as grazas polo obradoiro de maquillaxe que levaron a cabo e por invitarnos a tod@s a saborear o seu riquísimo chocolate.

Grazassssssssssssssssssss a tod@s as familias, xodes xeniais!

 


 

miércoles, 25 de enero de 2023

" Visita ao IES AS BARXAS "

 O pasado xoves, o alumnado de sexto de educación primaria, asistiu ao IES AS BARXAS a unha xornada de convivencia entre o alumnado do seu centro e os dos centros adscritos. Alí participaron nunha serie de talleres onde experimentaron, manipularon e o pasaron xenial.

Moitas grazas pola cálida acollida!