sábado, 29 de octubre de 2022

" Coñecendo a Ría de Vigo "

 Tivemos a sorte de contar con Estela, a nai de Shira, para falarnos e ensinarnos diferentes aparellos que se empregan para pescar. A verdade que aprendemos moitísimas cousas. Moitas grazasssssssssssssss Estela por visitarnos e ensinarnos cousas tan interesantes😍.



" Obradoiro auidovisual "

 Aquí vos deixamos os primeiros traballos realizados polo alumnado no obradoiro de audiovisuais. Neles se recolle a primeira sesión e dos diferentes obradoiros. Nesta ocasión, as montaxes son de nenos e nenas de quinto e sexto de primaria: Ahren, Alba, Raúl, Carmen, Biel, Eric, Valentina e Laia. Bo traballo 😍.










martes, 25 de octubre de 2022

" Coidemos a creación "

 Relacionando o que aprendemos na clase de Relixión co PDI deste curso “A Ría de Vigo”,os/as compañeiros/as de Infantil, 1º e 2ºfixemos un mural, e este vídeo para mostrarvos o noso traballo.

A Terra é a casa de todos,que compartimos e coidamos.