viernes, 30 de junio de 2023

" Visitamos o porto de Cesantes "

 Tivemos a sorte o 20 de maio de ir a Cesantes a practicar o arte de mariscar. Os de infantil xa o fixeran en Moaña, pero esta vez fumos todo o cole como colofón final ao noso proxecto A Ría de Vigo. Non soamente mariscamos senón que tamén nos ensinaron artes de pesca e visitamos a lonxa de Cesantes. Pasámolo moi ben e portáronse moi ben con nós.





sábado, 17 de junio de 2023

" Olimpiadas escolares "

 Aquí vos deixamos a nosa representación nas 41 olimpiadas escolares de Moaña. A verdade que o fixeron moi moi ben. Enhoraboa a todos e todas por participar!😍



" Visita ao club de remo Samertolameu "

 Onte o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria visitaron as instalacións do club de remo Samertolameu para acercarnos un pouquiño a esa disciplina deportiva. A verdade que foi unha experiencia increíble! Moitas grazas por recibirnos!



" Aprendendo a usar o microscopio "

 Onte o alumnado de primeiro e segundo de primaria tiveron a sorte de facer un pequeno obradoiro von Bea , a mamá de Cibrán. Tivemos a oportunidade de observar microorganismos co microscopio e lupa profesional.

Gracias Bea por ensinarnos a parte mais minúscula da Ría.


" Obradoiro de experimentación "

 O pasado venres acompañounos Álex padriño de Cibrán que sabe moito sobre ciencia e fixemos uns experimentos relacionados ca refracción da luz, as propiedades da clorofila e tamén unhas mensaxes secretas que descubríamos ao pasar unha tinta especial feita de cúrcuma. Encantounos todo o que aprendimos. Moitas grazas Álex!😍


" Visitamos as Illas Cíes "

 O martes 6 gozamos dunha viaxe ás Illas Cíes que gañamos por participar no concurso do Faro de Vigo. O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixemos un vídeo sobre as Illas Cíes e resultamos ser os gañadores do concurso. Polo que o noso premio foi visitar estas illas. Invitamos tamén ao alumnado de terceiro para que nos acompañara  nesta aventura. Pasamos un día estupendo onde fixemos unha ruta para avistar paxaros vimos peixes e ensináronnos curiosidades sobre a historia destas illas. Foi unha experiencia maravillosa!


miércoles, 7 de junio de 2023

" Festival das letras galegas "

 Aquí vos deixamos o vídeo sobre o día das letras galegas realizado por Hilario, o papá de Aeris. Moitas grazas por compartilo con nós😍.



" 41 OLIMPIADAS ESCOLARES "


Escaneando o seguinte código QR toda a información das Olimpiadas escolares.



 

" Letras galegas "

 Aquí vos iremos deixando os diferentes vídeos das actuacións do festival do día DAS LETRAS GALEGAS.


 



jueves, 1 de junio de 2023

" Correlingua 2023 "

 O pasado xoves tivemos a sorte de asistir ao centro de Moaña para disfutar do " Correlingua ". Neste caso tocáballe ao noso concello ser o organizador. Enhoraboa a noso concello de Moaña polo seu bo facer 😍.