martes, 19 de mayo de 2020

" AXUDAS DE LIBRO DE TEXTO E MATERIAL "


ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 20 MAIO-19 XUÑO (ambos inclusive).

v  De primeiro a sexto solicitarán as axudas de material escolar.

v  De primeiro a cuarto solicitarán as axudas de libros (quinto e sexto terán E-dixgal polo que non haberá dita axuda).



PRESENTAR TODOS AS SOLICITUDES INDEPENDENTE DA RENTA (por si hai libros sobrantes).



Artigo 5. Obrigas das persoas beneficiarias:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20. (XA VOS INFORMAREMOS DO PROCEDEMENTO A SEGUIR AO FINALIZAR O CURSO).

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.

A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2020/21 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Presentación de solicitudes

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

d) Cómo último recurso, solicitalo na secretaría do centro.



Artigo 12. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudiciale/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor (se non a tiveramos no centro OU SUFRIRA MODIFICACIÓNS).

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando:

 Certificado ou volante de convivencia.

miércoles, 13 de mayo de 2020

"MARA A COCIÑEIRA "

Aquí vos deixamos un vídeo que vos vai encantar. Mara axúdanos a preparar unha ensalada e así promover hábitos saudables na nosa alimentación. Está converténdose en toda unha artista.


miércoles, 6 de mayo de 2020

Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. HORARIO DE 10 A 13 H.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

" Información do terceiro trimestre"

Informarvos que nas recentes instruccións da consellería indícannos que temos que facer unha ADAPTACIÓN da programación das diferentes materias e cursos para este trimestre. Dita adaptación farase pública na páxina web do centro sobre o 19 ou 20 de maio a mais tardar. Ahí quedará recollido as condicións da avaliación do TERCEIRO TRIMESTRE.