O producto final do noso Proxecto Interdisciplinar de Centro deste ano "O cine", foi a elaboración de curtametraxes de diferentes xéneros. No caso do alumnado de cuarto de educación primaria, estes decantáronse polo cine documental, realizando unha curtametraxe sobre a historia da canteira do Cocho titulado "Buscarlle o ser".
O alumnado deste curso deu ao seu traballo unha perspectiva social ao solicitar ao concello a colocación no Cocho dun panel informativo cun código QR que enlaza ao visionado de dito documental.
O contacto cos membros da alcaldía e a formulación de solicitudes forma parte da educación cidadá e fai das/dos rapazas/rapaces participantes activos da sociedade na que viven.
Esta iniciativa tivo un acollida moi positiva por parte do Concello o que levou a que a propia alcaldesa Leticia Santos acompañada da Concelleira de Educación Dolores Chapela e a Tenente Alcaldesa Marta Freire acudiran ao noso centro a coñecer esta iniciativa de primeira man.
Temos que agradecer sinceramente a súa cercanía e agarimo cara eles/as. Moitísimasssssssssssssssssssss grazassssssssssssssss!