Traballo realizado por Martín e Daniel, alumnado de cuarto de primaria, no obradoiro de audiovisuais sobre a actividade dos 21 días en galego promocionada polo Concello e o equipo de dinamización e normalización linguística.
viernes, 31 de marzo de 2023
" 21 días "
" Inverno "
Traballo realizado por alumnado de infantil no obradoiro de audiovisuais, coa axuda de alumnado de sexto de primaria. Moitas grazas por axudarnos 😍
" Traballando a primavera "
Traballamos a primavera. Ariadna e Alba escolleron unha actividade que tiveron que facer o resto do alumnado do obradoiro. Despois elas foron as encargadas de facer as fotos e de facer esta montaxe😍.
" Obras de arte "
Aquí vos deixamos un vídeo da actividade realizada no obradoiro de audiovisuais coa aplicación thisissand, imprimíronno, fixeron as fotos e posteriormente este vídeo. Ambos traballos o levaron para a casa ao rematar o obradoiro.
" Plantación de árbores "
O Pasado martes 28 de febreiro o alumnado de segundo de educación primaria foi a Chan de Porco (Domaio) a participar na actividade de prantación de árbores con alumnado doutros coles de Moaña. A Actividade organanizada pola Comunidade de montes de Domaio en colaboración co resto de comunidades de montes de Moaña e o concello fixo que gozaran dunha mañá moi agradable. Ademais bailaron e cantaron coa actuación de Brais de Hortas. Felicitacións a organización por promover actividades que contribúen á concienciación e respecto polo medio ambiente.
martes, 21 de marzo de 2023
"PARTICIPAMOS NUN CONCERTO DE REGUEIFAS EN QUINTELA"
O alumnado de 5º curso de primaria participamos, xunto cos demáis colexios de primaria, no obradoiro de poesía improvisada (regueifas) no auditorio de Quintela, amenizado polos "regueifeiros" Luis "O Caruncho" e Pinto de Herbón.
Neste fermoso día no que comeza a primavera, os alumnos e alumnas da Guía demostramos as nosas habilidades poéticas e de canto, endulzadas cun saboroso roscón con que o Concello de Moaña nos obsequiou.
miércoles, 8 de marzo de 2023
" Obradoiro regueifas "
Onte,no cole, tivemos a sorte de contar cun obradoiro de regueifas para o alumnado de quinto de educación primaria. Esta actividade está dentro das actividades de normalización lingüística ofertadas polo concello de Moaña. Moitas grazas, pasámolo xenial.
miércoles, 1 de marzo de 2023
" Obradoiro con material de refugallo "
Tivemos a sorte de contar no centro con Matrácala para realizar un obradoiro de percusión con materiais reciclados. Neste obradoiro participou o alumnado dende infantil ata cuarto de educación primaria. Encantounos!😍
" Provocación "
En infantil as nosas mestras sempre nos sorprenden con cousas que molan moito. O pasado venres fixéronno cunha provocación que é unha invitación, unha suxerencia nun rincón da aula que invita ao alumnado a participar, a interesarse polo que hai preparado para exploralo, utilizalo e por tanto, aprender a través do descubrimento. Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos!