Aquí vos deixamos a mostra do ben que nolo pasamos no noso magosto. Xogamos, comemos e pintámosnos.Agradecer ao Anpa a súa colaboración no asado de castañas e dos chourizos. Moitas grazas a Ivó, Sara, Raquel, Ángela, Marta e Tati por asar as castañas e preparar eses chouripáns tan sabrosos. Grazas a Jacobo por deixarnos o aparello para poder asar e tamén a David por cortar e doarnos a leña. Moitísimas grazas a tod@s.
miércoles, 29 de noviembre de 2023
sábado, 25 de noviembre de 2023
" 25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "
" NIN GOLPES QUE DOAN NIN PALABRAS QUE FIRAN "
Grazas a Asociación de Mulleres de Moaña por vir acompañarnos onte a cantar unha belísima versión dos Secretos " Deixáme". Non podedes perder de escoitala no noso blog. Mil graciassssss😍.
" Estampación de camisetas- Matrácala "
o xoves tivemos no cole un obradoiro de estampación de camisetas da man de Matrácala. Dita estampación non foi unha estampación calquera, xa que o que fixemos foi deseñar a nosa camiseta reindivicativa do 25 N. Cada un/unha deseñou o seu selo conmemorativo que logo estampou na súa camiseta. Usamos a nosa creatividade e saíton cousas moi bonitas. O ben que o pasamos o podedes ver no noso blog 😍.
viernes, 24 de noviembre de 2023
" Teatro de sombras: o brazo de Mike" - Centro de Educación Especial.
A actividade de hoxe, dentro da nosa semana da diversidade, foi un teatro de sombras da man do centro de educación especial San Rafael de Vigo. Oito rapaces e rapazas deste centro, xunto con dous dos seus profesores, representaron a obra de teatro "O brazo de Mike", basada nunha historia de Samaín cargada de emocións. O noso infinito agradecemento polo voso traballo e por vir compartilo con nòs. Mil grazassss.
"Divermonstruos"
Comezamos hoxe a nosa semana da diversidade con moitas actividades organizadas. A actividade de hoxe foi "diversimonstruos", da man do esritor, ilustrador e deseñador Anxo Fariña. Aprendemos moitas cousas con el e deseñamos cadanseu monstruo. Grazas Anxo Fariña por vir visitarnos.
jueves, 23 de noviembre de 2023
" Odaiko "
miércoles, 22 de noviembre de 2023
" Charla nutritiva "
Onte o alumnado do primeiro ciclo aprendeu moitas cousas sobre alimentación saudable grazas aos consellos sobre alimentación aportados por as dúas nutricionistas do centro de saúde de Moaña Yaiza e María que viñeron visitarnos. Moitas grazasssssssssssss😍.
" Entrevistamos a Lourdes, directora de Cáritas de Meira "
Onte estivo no cole Lourdes, a directora de Cáritas de Meira, a cal ,foi entrevistada na radio polo alumnado de relixión de sexto de educación primaria. Aquí tedes a mostra de dita gravación que posteriormente tamén a poderedes escoitar na nosa canle GOLFIRADIO. Moitas grazas Lourdes por colaborar con nós 😍.
lunes, 20 de noviembre de 2023
"Pleno Infantil"
Aquí vos deixamos o vídeo coa nosa intervención no pleno infantil levado a cabo o pasado xoves no salón de plenos do concello. Nesta ocasión estivemos representados por Carmen, Paola e Adrián, alumnado de sexto de educación primaria. Noraboa fixéchedelo xenial!
domingo, 19 de noviembre de 2023
" Todas e todos contamos "
"Todas e todos contamos " é unha proposta inclusiva de Afundación para o público escolar que nós tivemos a sorte de desenvolvela o mércores pasado no cole.
Infantil e primeiro ciclo presenciaron un contacontos " A familia ". Narrouse un contro creado pola fundación Igual Arte, de maneira teatrealizada, ademais de signar con linguaxe de signos as partes fundamentais.
Ao rematar, fixeron unha actividade chamada "creando a miña familia". Cada neno e nena dibuxou as persoas que conformaba a súa familia, logo as uniron e fixeron un móbil colgante.
Segundo, terceiro e cuarto de primaria desenvolveron o circuito circense. Crearon o seu propio circo. Colocáronse un circuito con diferentes estacións nas que o alumnado realizou actividades de equilibrio, puntería e acrosport.
Para quinto e sexto de primaria "globoflexia". Explicáronlle os principios desta técnica artística. Na parte práctica ensináronlle algúns pasos básicos como inflar os globos e facer figuras básicas. Unha vez realizada a primeira toma de contacto, dividíronse en grupos e fixeron cada un un pulpo xigante. ESPECTACULAR!
Moitas grazas a fundación Igual Arte e a Fundación por poñer en marcha este tipo de iniciativas.
jueves, 16 de noviembre de 2023
" A protectora de animais do morrazo visita a Guía "
O martes estivo no cole Lorena, traballadora da protectora de animais do Morrazo, para falarnos da súa labor na protectora e do que fan. Tivemos a sorte tamén de entrevistala na radio. Dita entrevista foi realizada por alumnado de terceiro e cuarto de primaria no obradoiro de radio. Aprendemos moitísimas cousas. Moitas grazas Lorena por vir pasar un rato con nós 😍.
miércoles, 15 de noviembre de 2023
" Provocación en infantil "
" Saída de Xogade "
jueves, 9 de noviembre de 2023
" Traballo en educación infantil "
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos en infantil no colexio da Guía e todo o que aprendemos traballando por recantos, a través do xogo e da investigación (neste caso investigamos sobre os osos).
" O samaín dos/as elefanteosos/as "
Os e as elefantosos/as gozamos co Samaín con moita ledicia e ilusión, facendo cabazas solidarias espectaculares e disfrazándonos cos nosos mellores disfraces e así asustar a profe Maite.
Grazas a todas as familias pola vosa axuda e colaboración.
miércoles, 8 de noviembre de 2023
" Vídeo titorial "
Aquí vos deixamos un enlace do blog da biblioteca onde podedes atopar un titorial feito no obradoiro de biblioteca sobre o xogo que tanto lles gusta aos mais pequenos e pequenas do cole , " Abejitas Zum Zum "
https://biblioaguia.blogspot.com/2023/11/obradoiro-biblioteca.html
" Gañadores do concurso cabazas deste ano "
Este ano o noso premio foi unha colaboración con UNICEF mediante a compra de dez kits de supervivencia. Cada un destes packs conteñen 6 sobres de alimento terapeútico, 3 vacinas e 200 pastillas potabilizadoras. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. Fixestes un traballo maravilloso.
sábado, 4 de noviembre de 2023
" Obradoiro de Samaín "
O pasado luns tivemos unha actividade moi chula con motivo da semana do Samaín. O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron nun obradoiro impartidos polas mestras de educación infantil Maite e Lucía. O obradoiro tivo dúas partes, nunha primeira o alumnado creou mensaxes secretos con tinta invisible.Tiñan que descubrir a palabra secreta e debuxar o elemento terrorífico que lles tocase. E na segunda parte deste obradoiro, gozaron dunha divertida sesión de contacontos con luz negra.
Foi unha actividade moi divertida e pasámolo xenial!
jueves, 2 de noviembre de 2023
" Contacontos en Inglés "
O luns pasado o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria na hora de lectura, e dentro das actividades do Samaín, puideron gozar do libro "Busy Halloween " narrado pola teacher Olga. Estivo xenial e todos e todas remataron cantando a canción "Knock knock, trick or treat". Aquí vos deixamos a mostra.
miércoles, 1 de noviembre de 2023
" Xogando ca nosa imaxinación, creamos contos de Samaín"
O pasado mércores no obradoiro de expresión escrita: Shira, Laura, Lena, Gael, Lucas, Enzo, Jimena, Olivia e Itziar, deixaron voar a súa imaxinación creando historias de Samaín coa mesa de luz. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.