Aquí vos deixamos un anaquiño do noso traballo na horta que nos gusta tanto a todos e todas. Gozamos moito con esta actividade😊!
miércoles, 26 de febrero de 2025
sábado, 22 de febrero de 2025
" Plantación de árbores "
O xoves 20 de febreiro os nosos nenos e nenas de 2° de primaria viviron unha xornada diferente á habitual. Xunto co alumnado doutros centros e coa colaboración da comunidade de montes e o Concello de Moaña, puideron plantar diferentes árbores autóctonas e coñecer os seus beneficios e ademais disto, amenizar a súa merendola ao ritmo de Brais das Hortas.
viernes, 21 de febrero de 2025
" Encontro de regueifas "
Dentro das actividades organizadas polo concello de moaña con motivo do reto "21 días en galego "O alumnado de 5º de Primaria participou nos obradoiros de poesía improvisada no auditorio de Quintela, onde manifestou o seu talento á hora de compoñer regueifas en galego. Foi o cuarto encontro para fomentar a oralidade en galego nun contexto informal. Os coñecidos regueifeiros Luís O Caruncho e Pinto d´Herbón foron os encargados de conducir o encontro. Menudos artistas temos na Guía 😍!
" A voleibol na escola "
O alumnado de quinto de educación primaria, gozou dunha xornada de convivencia no pavillón de Reibón no que estiveron xogando ao voleibol. Esta actividade está enmarcada dentro do programa XOGADE, que finalizou cun encontro entre varios colexios participantes. Pasámolo xenial!
" A Guía visita o Concello de Moaña "
lunes, 17 de febrero de 2025
" Contacontos "
Xa podedes ver no noso blog de biblioteca o contacontos en inglés do alumnado de quinto de educación primaria no día de San Valentín.
https://biblioaguia.blogspot.com/2025/02/contacontos-en-ingles.html
jueves, 13 de febrero de 2025
" Obradoiro de regueifas "
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, que dirixe Dolores Chapela, en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística dos colexios de educación primaria de Moaña, está a organizar para o alumnado de 5º de Primaria os obradoiros de poesía improvisada coa finalidade de ensinarlles a técnica da improvisación en verso ou regueifa e fomentar, deste xeito, a oralidade en galego nun contexto informal. Están impartidos polos coñecidos regueifeiros Luis o Caruncho e Pinto d´Herbón. Desenvólvense dentro da campaña 21 días en galego para reforzala entre o alumnado.
domingo, 9 de febrero de 2025
" Visita ao IES AS BARXAS "
O venres 7 de xaneiro os alumnos e alumnas de sexto de educación primaria, visitamos xunto co alumnado do CEIP de Domaio e de Reibón, os IES AS BARXAS, dentro do programa de tránsito á secundaria.
Foi unha visita moi agradable, onde nos convidaron a chocolate e a galletas, e ensináronnos as diferentes estancias do instituto. Tamén informáronnos de aspectos do seu funcionamento: como as aulas que hai, número de alumnado, asignaturas que teremos, os diferentes clubes cos que contan...
Atopáronnos con ex-alumnos/as do noso centro e participamos en varios obradoiros, que nos tiñan preparados: ciencias, química, bioloxía...
Estivo moi ben e xa estamos desexando afrontar esa nova aventura no instituto.
" Día da paz "
O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ levando a cabo "o amigo invisible". Cada neno e nena tivo un agasallo feito persoalmente polo seu amigo/a invisible.