Este ano o noso proxecto titúlase "A Guía TV" e o alumnado recibiu como primeira misión: buscar información sobre os invetores da TV. Buscaron por varios medios e ao final presentaron o seu traballo a outros cursos.
miércoles, 15 de octubre de 2025
" ENCONTROS CON FAMILIAS "
Hoxe veu visitar a nosa biblioteca Katherine, a nai de Caludia de 5º, contounos unha lenda que escribiu sobre o Outono e que foi recuperardo da tradición oral de Moaña, tamén nos presentou ás "Amarillis" unha flores que nacen soamente nos meses de outono.
Desfrutamos con ela coñecendo a importancia de recoller a nosa tradición, ditos, refráns, adiviñas, lendas...
E tamén nos nos dixo algunha que outra curiosidade sobre Cádiz.
Moitísimas grazas pola túa visita!
" INVESTIGANDO SOBRE O UNIVERSO "
Neste mes de setembro o alumnado de 5º xa comezou investigando e buscando información sobre "O Universo" na biblioteca, en libros e na rede. Logo presentaron os seus traballos de diferentes formatos, algúns memorizando o contido, outros facendo unha presentación dixital con diapositivos e outros con maquetas.
A verdade é que traballaron, se esforzaron e aprenderon moitísimo!!!
NORABOA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)