viernes, 13 de febrero de 2026

" XORNADA DE PORTAS ABERTAS 25,26 E 27 DE FEBREIRO "


 

" Día da muller e da nena na ciencia "

Este mércores con motivo do día da muller e da nena na ciencia o alumnado de segundo de primaria preparounos na biblioteca unha sesión de experimentos no que participamos todo o centro. Enhoraboa, sodes uns/unhas científicos/científicas xeniais!



" Visita de Asociación cultural Cobres "

O martes 10 de febreiro visitáronnos Alba e Jacobo, dous membros da Asociación Cultural Cobres para ensinarnos a tradición que envolve a danza das Madamas e Galáns. Tivemos a oportunidade de preguntarlles tódalas dúbidas e curiosidades, e para rematar bailamos todos unha peza.

Ademais aproveitamos a visita de Alba e Jacobo para facerlles unha entrevista no noso plató de TV, na que traballaron os/as guionistas, escenógrafos/as e camarógrafos/as. Foi todo un éxito!

Moitas grazas Alba e Jacobo pola vosa implicación e a vosa disposición!





jueves, 5 de febrero de 2026

" AMIGOS/AS POR CORRESPONDENCIA "

O alumnado de terceiro de educación primaria recibiu unha sorpresa. Chegou ao noso centro un paquete cheo de cartas. Son cartas de nenos e nenas de terceiro do centro de Escarabote (Coruña). Estamos moi ilusionados/as con esta iniciativa pois ademais de traballar a carta e de coñecer xente nova, estamos en contacto con Rubén, o noso mestre do ano pasado ao que botamos moito de menos.

Gracias Rubén e gracias compañeiros/as do CEIP DE ESCARABOTE.

Seguimos en contacto!

Ata pronto!





" Charlas PLAN DIRECTOR "

Hoxe o alumnado de quinto e sexto de educación primaria tiveron dúas charlas moi interesantes sobre : acoso escolar e perigos das redes sociais. Estas charlas están enmarcadas dentro do programa PLAN DIRECTOR levado a cabo por membros da Garda Civil.