viernes, 13 de febrero de 2026

" Visita de Asociación cultural Cobres "

O martes 10 de febreiro visitáronnos Alba e Jacobo, dous membros da Asociación Cultural Cobres para ensinarnos a tradición que envolve a danza das Madamas e Galáns. Tivemos a oportunidade de preguntarlles tódalas dúbidas e curiosidades, e para rematar bailamos todos unha peza.

Ademais aproveitamos a visita de Alba e Jacobo para facerlles unha entrevista no noso plató de TV, na que traballaron os/as guionistas, escenógrafos/as e camarógrafos/as. Foi todo un éxito!

Moitas grazas Alba e Jacobo pola vosa implicación e a vosa disposición!





No hay comentarios:

Publicar un comentario