Esta semana, como todos os anos, o alumnado de quinto e sexto de educación primaria, tivo a visita da garda civil para falar dos perigos que pode entrañar un uso inadecuado das redes sociais.
viernes, 29 de abril de 2022
" Obradoiro afectivo-sexual "
Esta semana o alumnado de sexto de educación primaria tivo a segunda sesión do obradoiro afectivo-social ofertado polo Concello de Moaña. Nesta ocasión o obradoiro correo a cargo de Marta Iglesias Pérez, matrona e sexóloga.
miércoles, 20 de abril de 2022
" Visita Eva Mejuto "
Hoxe visitounos a escritora Eva Mejuto para contarnos a nova de que quería escribir unha continuación do conto " Dez gatiñas viaxeiras ". Pedíunos que lle axudáramos con ideas que lle inspiraran e iso intentamos facer. Pasámolo de maravilla e dímoslle uns agasallos que fixemos.
" Os bolechas tocan nunha banda de música "
Onte, estiveron no cole, Ana e Hugo (membros da directiva da banda de música de Moaña) xunto coa Concelleira de Ensino Dolores Chapela para agasallarnos co libro " Os bolechas tocan nunha banda de música " e a súa unidade didáctica. Moitas grazas por este detalle e por acercarnos un pouquiño a vosa realidade.
martes, 19 de abril de 2022
" Aprendemos da Apicultura "
Hoxe tivemos o pracer de contar no centro con Dani, un apicultor de Moaña, que nos veo a explicar a importancia que teñen as abellas na natureza polo proceso de polinización, explicarnos cales son os compoñentes dunha colmea e as súas funcións dentro dela dependendo da época na que se encontre. Amosounos unha colmea, cera e diferentes utensilios que se empregan para sacar o mel, pole e demais produtos que producen as abellas. Todo isto, foi acompañado duns vídeos para que o entenderan mellor. Rematamos cunha degustación de pole e de mel. Encantounos a actividade.
" Charla afectivo- sexual "
sábado, 9 de abril de 2022
" Chocolatada "
O alumnado de infantil e primeiro ciclo estivo facendo estos días figuras de chocolate: pagodas, torre Eiffel, galos e pirámides. Figuras que están relacionadas co país que están a traballar nas diferentes aulas. Esta actividade tivo o seu colofón final degustando uns chocolates con churros no bar no barrio. A verdade que o pasamos xenial e queremos repetirrrrrrrrrrrrrrrrr!
" A nosa montaxe sobre o entroido "
Dous alumnos/as de cuarto de educación primaria elaboraron unha montaxe do entroido, aquí deixámosvos o resultado do froito do seu traballo. Moitas grazas a Paulo e a Valentina por ofrecerse para facelo.
" O traballo en educación infantil "
Aquí deixamovoss un vídeo do alumnado de educación infantil e de cómo aprenden xogando no seu día a día. Esperamos que vos guste!