martes, 19 de abril de 2022

" Aprendemos da Apicultura "

 Hoxe tivemos o pracer de contar no centro con Dani, un apicultor de Moaña, que nos veo a explicar a importancia que teñen as abellas na natureza polo proceso de polinización, explicarnos cales son os compoñentes dunha colmea e as súas funcións dentro dela dependendo da época na que se encontre. Amosounos unha colmea, cera e diferentes utensilios que se empregan para sacar o mel, pole e demais produtos que producen as abellas. Todo isto, foi acompañado duns vídeos para que o entenderan mellor. Rematamos cunha degustación de pole e de mel. Encantounos a actividade.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario