jueves, 20 de junio de 2024

" Visita de Maruxa e Roberto "

 Os Caracoliñ@s, Osiñ@s e Elefantiñ@s tiveron unha visita moooi especial!!

Maruxa e Roberto prepararon unha fermosa xornada musical para eles na que os convidaron a acompañar as pezas con ovos de percusión que lles agasallaron e na que riron, bailaron, cantaron e desfrutaron moito!!

Moitas grazas por vir familia!!



miércoles, 19 de junio de 2024

" O nosos olimpistas "



 

"Música na Guía

 Estas son algunhas das cousas que fixemos na clase de música este ano. Algunhas actividades foron programadas pero outras xurdiron espontáneamente ou por iniciativa do alumnado. Temos talento neste cole!😍



lunes, 17 de junio de 2024

O noso proxecto "Campaña solidaria dende o CEIP A GUÍA" culmina ca nosa visita as instalacións do Banco de alimentos en Vigo. Alí ,puidemos aprender as funcións que realiza o voluntariado antes de repartir os alimentos ás diferentes ONGs: zona se reparto, pedidos, pesado de caixas e clasificación dos alimentos. Foi unha visita moi enriquecedora.

Moitas grazas a todo o voluntariado por atendernos tan ben e, en especial a Ruth por facelo posible😍.



" Tomas falsas "

  Aquí vos deixamos as tomas falsas e o vídeo de como se fixo a película "Que llega el lobo". 

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/06/tomas-falsas.html

" Que llega el lobo "

 Estos días os Caracoliños decidiron facer unha película dun dos seus contos preferidos. Un conto cun final que vos sorprenderá! Agardamos que vos guste.

jueves, 13 de junio de 2024

" Humor amarillo "

 O pasado xoves, todo o centro tivo a súa saída fin de curso. Este ano fomos a "HUMOR AMARILLO" situado no monte Alba en Vigo onde o alumnado contou con probas coma a plancha de mais de 24 metros de diámetro e 5 m de altura, os roliños de primavera, pelexa de sumos e moitas sorpresas. A verdade que o pasamos super ben e queremos repetir.




" Visita do Ceip Torre Cela "

 O pasado martes tivemos a sorte de contar ca visita do Ceip Torre Cela. 

Tras unha convivencia no marco de interxogos dentro do PLAN XOGADE, o alumado de 5º e 6º de educación primaria. de ambos centros, estreitaron lazos e gozaron dunha divertida xornada na que non faltaron xogos coma o pano e deportes coma o datchball, terminando cunha divertida gymkana. Grazas pola vosa visita 😍!




miércoles, 12 de junio de 2024

" O patio da Guía "

 Despois de estar traballando meses e meses o coidado do medio ambiente, o alumnado de primeiro de educación primaria decidiu representar esta obra de teatro de sombras, onde tratan de concienciar ao resto do alumnado do centro da importancia de manter en bo estado o patio do seu colexio.

Un aplauso para todos e todas polo ben que o fixeron 😍.

Aquí vos deixamos o enlace para que podades visualizar esta maravillosa obra de teatro.

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/06/o-patio-do-cole-da-guia.html


" Copa Ence Rower Indoor Escolar Marín"

 Dentro do programa XOGADE , o grupo de quinto de educación primaria participou este venres 7 de xullo no pavillón A Raña (Marín), nunha proba de ergómetro "Copa Ence Rower Indoor Escolar Marín".

Competiron contra outros doce grupos de varios colexios do Morrazo, conseguindo un pelexado 4º posto, grazas a un excelente traballo de equipo.

Destacar a clasificación de Hugo Boubeta González que se fixo ca medalla de ouro masculina. Enhoraboa 😍!


lunes, 10 de junio de 2024

" Día da familia "

 O pasado 15 de maio, celebramos "O DÍA DA FAMILIA" facendo un maio coas nosas familias. Foi unha experiencia maravillosa onde todos e todas colaboramos un montón para facer o noso cono. A verdade que nos quedou moi chulo. Moitísimas grazas a todas as familias por colaborar con nós nesta actividade tan chula 😍.



" Monumentos de Moaña "

O pasado venres o alumando de terceiro de primaria asistiu a ver os monumentos de Moña acompañados/as do noso querido Lito Portela, esta actividade está dentro dentro do programa "Aprende de Moaña"ofertada polo Concello de Moaña.



 



" Praza de abastos "

 O venres pasado o alumnado de primeiro de educación primaria asistiu a praza de abastos de Moaña, grazas as actividades ofertadas polo Concello de Moaña dentro do seu programa APRENDE MOAÑA.




















Os caracoliñ@s coidaron duns "ANIMAIS MOI SEDOSOS "

 Co inicio da Primavera chegaron á aula dos Caracoliñ@s uns animaliños moi especiais!

Dani e a súa familia trouxéronnos vermes de seda para que os puidésemos ter na clase e coidalos cada día.

Foi unha experiencia moi boa coa que os nenos e nenas aprenderon moito e desfrutaron coidando dos seus pequenos convidados ata que se converteron en fermosas bolboretas!

Dende aquí todos os Caracoliñ@s queremos agradecer a Dani e a súa familia que nos trouxeran a estes sedosos amiguiños e que nos enviaran comida cada día para que puidésemos alimentalos.

Moitas grazas!!!




miércoles, 5 de junio de 2024

" Saída fin de etapa, sexto de primaria"

 O alumnado de sexto de educación primaria gozou de tres días en O Grove no cámping Fieitás. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra do ben que o pasamos.



lunes, 3 de junio de 2024

" Visita de Arturo "

Arturo, pai de Cibrán, viu contarnos moitas cousas interesantes sobre o universo ao alumnado de primeiro e segundo de educación primaria. Aprendemos moitas cousas con él: os movementos da Terra, por que se producen as estacións, o día e a noite e moitas outras curiosidades. Moitas grazas por vir, Arturo 😍!





" Grazas AFAMO "

 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de agradecemento feito polo alumnado de terceiro e cuarto de primaria a asociación AFAMO por acompañaranos no noso festival solidario e por todo o traballo feito con eles durante todo o curso. Esperamos que vos guste 😍.