Co inicio da Primavera chegaron á aula dos Caracoliñ@s uns animaliños moi especiais!
Dani e a súa familia trouxéronnos vermes de seda para que os puidésemos ter
na clase e coidalos cada día.
Foi unha experiencia moi boa coa que os nenos e nenas aprenderon moito e
desfrutaron coidando dos seus pequenos convidados ata que se converteron en
fermosas bolboretas!
Dende aquí todos os Caracoliñ@s queremos agradecer a Dani e a súa familia
que nos trouxeran a estes sedosos amiguiños e que nos enviaran comida cada día
para que puidésemos alimentalos.
Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario