miércoles, 17 de diciembre de 2025

" Semana da diversidade"

Visitamos o centro ocupacional Juan XXIII onde vivimos unha experiencia única compartindo cos/as usuarios/as o seu traballo nos diferentes obradoiros. 

Tamén tivemos a sorte de que nos visitaran "DisCamino " asociación que se encarga de facer realidade que a xente con discapacidade poidan facer o camiño de Santiago. Unha experiencia maravillosa da que aprendemos un montón de cousas e que nos chegou ao corazón.

Vivenciamos a discapacidade mediante unha serie de xogos ou dinámicas onde nos tiñamos que poñer no seu lugar e así experimentar como se senten en situacións da vida cotiá.

Como colofón final a esta semana de actividades, plasmamos a nosa pegada nun mural para conmemorar o día 3 de decembro, día mundial da discapacidade.



" Torneo dash ball "

 O profe Jorge organizou un torneo de dash ball nos recreos no que participou todo o alumnado do centro. Encántanos xogar a este xogo!




" Regaliños dos elfos máxicos "

Nas aulas de infantil, os elfos deixáronlles uns botes de espuma de afeitar para que xogaran con ela coma se fora neve. A verdade que o pasamos xenial!



 

" Visita de Fito "

O pasado día 10 de decembro veunos visitar, Fito camára da TVG, que nos explicou coma era o seu traballo e a importancia que ten para que as noticias cheguen a nós. 
Comentounos como era un día a día no seu traballo e que él era o encargado de gravar os acontecedementos aos que acudía. Que ás veces ía so e outras acompañados por compañeiros/as encargados de facer as entrevistas.
destacar, a explicación que nos fixo dos diferentes planos que hai para facer gravacións e como empregar a cámara de xeito eficiente para gravar vídeos, aplicando técnicas básicas coma: encuadre, iluminación e son.




viernes, 5 de diciembre de 2025

" 20 de novembro: día da infancia "

Este ano para conmemorar o día dos dereitos da infancia, no obradoiro de polos creativos o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria fixemos un pequeno proxecto de investigación no que cada un e cada unha tiñamos unha tarefa asignada.

O primeiro que fixemos foi investigar cales son eses dereitos e eses deberes que temos como nenos e nenas. Trala investigación, decidimos facer un deseño o que se englobaban todos os dereitos e con este deseño crear uns banderíns para todo o cole e un quebracabezas coa cortadora láser para cada aula.
Ademais, descubrimos o importante que era o traballo en equipo convertíndonos en escritores/as de historias e en ilustradores/as destas historias, onde o resultado foi a fermosa histora titulada "O rei inxusto".
Como a infancia relaciónase coa cor azul, decidimos vir todo o centro vestidos de azul e crear entre todos e todas o noso mural creativo, onde a única norma era empregar a cor azul. Quedounos precioso!!
O alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria, fixemos unha Ginkhana dos Dereitos da Infancia. 
Esta actividade iniciouse co visionado dun video explicativo sobre os Dereito e Deberes da Infancia, e despois realizamos 9 probas diferentes (sopa de letras, aforcado, preguntas, ruletas...). Por cada proba superada, recibimos unha peza do quebracabezas ata conseguir as nove.
Foi unha xornada moi divertida e interesante na que aprendemos moitas cousas !!!








jueves, 4 de diciembre de 2025

" Ecopercusión "

Outro ano máis tivemos a actividade ofertada dende o Concello de Moaña que tanto nos gusta, "Ecopercusión " .Proxecto enfocado á formación e execución de grupos de percusión en centros de ensinanza onde so interveñen instrumentos procedentes de materiais reciclados, como cubos de pintura.





lunes, 1 de diciembre de 2025

" Campaña para buscar nome e logo do programa TV "

Comeza a campaña para buscar o nome e o logo do noso programa de TV. Nela participaron todos os cursos, dende infantil ata sexto de primaria.

Está aberta a toda a comunidade educativa. 

Podedes depositar as vosas propostas do 1 ao 5 de decembro na caixa que está en frente da secretaría do cole.

Animádevos a participar!

O equipo de produtores/as (3º EP).