viernes, 13 de febrero de 2026
" Día da muller e da nena na ciencia "
Este mércores con motivo do día da muller e da nena na ciencia o alumnado de segundo de primaria preparounos na biblioteca unha sesión de experimentos no que participamos todo o centro. Enhoraboa, sodes uns/unhas científicos/científicas xeniais!
" Visita de Asociación cultural Cobres "
O martes 10 de febreiro visitáronnos Alba e Jacobo, dous membros da Asociación Cultural Cobres para ensinarnos a tradición que envolve a danza das Madamas e Galáns. Tivemos a oportunidade de preguntarlles tódalas dúbidas e curiosidades, e para rematar bailamos todos unha peza.
Ademais aproveitamos a visita de Alba e Jacobo para facerlles unha entrevista no noso plató de TV, na que traballaron os/as guionistas, escenógrafos/as e camarógrafos/as. Foi todo un éxito!
Moitas grazas Alba e Jacobo pola vosa implicación e a vosa disposición!
lunes, 9 de febrero de 2026
jueves, 5 de febrero de 2026
" AMIGOS/AS POR CORRESPONDENCIA "
O alumnado de terceiro de educación primaria recibiu unha sorpresa. Chegou ao noso centro un paquete cheo de cartas. Son cartas de nenos e nenas de terceiro do centro de Escarabote (Coruña). Estamos moi ilusionados/as con esta iniciativa pois ademais de traballar a carta e de coñecer xente nova, estamos en contacto con Rubén, o noso mestre do ano pasado ao que botamos moito de menos.
Gracias Rubén e gracias compañeiros/as do CEIP DE ESCARABOTE.
Seguimos en contacto!
Ata pronto!
" Charlas PLAN DIRECTOR "
" Atletismo en pista "
Hoxe o alumnado de terceiro de educación primaria tivo a primeira sesión de atletismo en pista, actividade dentro do programa XOGADE financiado e promocionado pola Xunta de Galicia. Realizaron probas de resistencia, velocidade, saltos, lanzamentos e relevos.
" Construíndo a paz "
Na biblioteca do centro creamos diferentes estacións baixo o lema Construíndo a paz. Neste obradoiro o alumnado tiña que traballar cooperativamente e, sobre todo, deixar voar a súa imaxinación empregando o material dos polos creativos (legos, kapla, korbo e imáns) para crear construcciós que acuden a favorecer a Paz no mundo. Coas construccións finais fixemos unhas fotografías coas que creamos un mural e escribimos os nosos mellores desexos de paz.
lunes, 2 de febrero de 2026
" Mi mochila es de Paz "
Este ano para conmemorar o Día da Paz, o alumnado de sexto de Ed. Primaria reuniunos a todo o centro na biblioteca para leernos o conto da guia infantil Mi mochila es de paz.
domingo, 1 de febrero de 2026
" El muro "
Este ano para conmemorar o aniversario da morte de Ghandi a teacher Olga fixo unha sesión de contacontos co libro"El muro" de Giancarlo Macri. Desta maneira comprendemos que o máis importante para vivir en armonía non é poñer barreiras, senón aprender a respetarnos e a tratarnos ben.






