Estimadas familias,
O primeiro desexarvos que estedes todos ben e que levedes o mellor posible este encerro, difícil pero do que iremos saíndo pouco a pouco.
A verdade son días complicados, xa que ninguén pensou que isto podería pasar pero aquí estamos vivindo un momento que quedará no recordo de todos nós.
Sabemos que estades a facer un grande esforzo, e dende aquí queremosvolo agradecer enormemente.
Comezamos o tercer trimestre cheos de dúbidas porque as informacións que nos dan son a contagotas ou a destempo, pero é algo alleo a nós , do que non podemos facer nada e soamente ir organizandonos sobre a marcha.
Con todo isto, dicirvos que IMOS AVANZAR UN POUCO NO TEMARIO EN CONTIDOS QUE CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLESE QUE LLE SERÁN NECESARIOS AO ALUMNADO PARA AFRONTAR O MELLOR POSIBLE O VINDEIRO CURSO. Así que dende a direción do centro pedímosvos, outro GRAN esforzo pola vosa parte para combatir esta situación e así agradecer tamén o esforzo que está facendo o profesorado para desenvolver o seu traballo nestas condicións EXTRAORDINARIAS.
Tamén comentarvos que podedesRECIBIR CHAMADAS DENDE NÚMEROS OCULTOS OU PRIVADOS, QUE PODEN SER DO PROFESORADO. Por favor, atendedeas..
Moitísimas grazas a todos e moito ánimo
Miles de bicos polo aire
No hay comentarios:
Publicar un comentario