jueves, 18 de febrero de 2021
" Vídeo portas abertas: anímate a coñecernos "
" Coplas de entroido "
sábado, 13 de febrero de 2021
" Vídeo portas abertas: anímate a coñecernos "
" Videoconferencia con Sabela Souto "
O alumnado de 5º de E. primaria, como actividade enmarcada dentro do Proxecto Interdisciplinar de centro "O CINE (CINEMA DOCUMENTAL)" realizaron o visionado de dúas curtametraxes documentais sobre o ENTROIDO DE VERÍN : FEITIZO e ENFAIXADOS.
Como colofón desta actividade tiveron a oportunidade de facer unha videoconferencia coa creadora de ENFAIXADOS, Sabela Souto, que nos explicou como realizou a curtametraxe e sobre como é a figura do CIGARRÓN.
miércoles, 10 de febrero de 2021
" Vacantes 2021-2022 "
|
PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2021 – 2022
CURSO | PRAZAS |
4º Ed. Infantil | 25 + (3 para alumnado con NEAE)
|
GRUPO MIXTO 5º Ed. Infantil y 6º Ed. Infantil) | 2 (en caso de haber máis matrícula modificaríase o grupo mixto) |
1º Ed. Primaria | 15 +(3 para alumnado con NEAE) |
2º Ed. Primaria | 14 |
3º Ed. Primaria | 14 |
4º Ed. Primaria | 13 |
5º Ed. Primaria | 19 |
6º Ed. Primaria | 12 |
lunes, 8 de febrero de 2021
Obradoiro de portugués " O mundo do Inho"
Hoxe, e grazas ao servizo de normalización do concello de Moaña, tivemos no cole este obradoiro. Aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambas línguas.
" A regueifa entra nas aulas"
Dende o concello de Moaña, facilitousenos unha Xornada de "Poesía Improvisada como recurso educativo" .Aquí vos deixamos unha mostra deste obradoiro que realizamos o venres pasado na aula de quinto de primaria. Estivo xenial...
" Charla asociación Nós mesmas "
O xoves tivemos no centro unha charla impartida pola asociación Nós mesmas sobre o tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas. Esta actividade, dirixida ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria, está enmarcada dentro das actividades programadas no noso proxecto de igualdade.