"Este ano inspirámonos na Historia de Sadako e as mil grúas"
Según unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grullas de papel. A consigna de crear grullas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hirosima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tiña soamente dous anos cando esta bomba caeu nesta cidade onde ela vivía. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación que lle produxo dita bomba, foille diagnosticado unha Leucemia.
Estando no hospital a súa amiga Chizuco explicoulle á historia das 1000 grullas de papel, que consiste en que si desexas algo con moita forza, e constrúes ese número de grúas, os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas. É así, coma Sadako desexou curarse da súa enfermidade e para iso propúxose construír as grúas. Por desgracia, isto non foi posible posto que morreu cando había conseguido pregar 644 grullas de papel.
Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, con esperanza de que se evitaran as guerras no futuro e se conseguira a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da súa morte, os nenos e nenas de toda a cidade de Hirosima adicáronlle unha estatua cunha grulla na súa man que se pode visitar no Parque de la Paz, desta cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario