sábado, 13 de febrero de 2021

" Videoconferencia con Sabela Souto "

     O alumnado de 5º de E. primaria, como actividade enmarcada dentro do Proxecto Interdisciplinar de centro "O CINE (CINEMA DOCUMENTAL)" realizaron o visionado de dúas curtametraxes documentais sobre o ENTROIDO DE VERÍN : FEITIZO e ENFAIXADOS.

    Como colofón desta actividade tiveron a oportunidade de facer unha videoconferencia coa creadora de ENFAIXADOS, Sabela Souto, que nos explicou como realizou a curtametraxe e sobre como é  a figura do CIGARRÓN.





No hay comentarios:

Publicar un comentario