Os nenos e nenas da aula dos Osiños e Osiñas están investigando … sobre China!
Para recoller información e convertir a súa aula en China decidiron escribir unha carta á embaixada española en China e recibiron un correo dende Pekin cunha carta de resposta!
Dende aquí queremos agradecer ao Embaixador Rafael Defcallar, á Concelleira de Educación Gisela Conde e a todo o equipo da Concellería de Educación na Embaixada a súa atención, a súa axuda, a súa colaboración no noso proxecto de investigación e que tivesen o fermoso detalle de responder cunha carta dirixida aos Osiños e Osiñas que lles fixo moita ilusión recibir. Mil grazas de Moaña a Pekín!
Aquí vos deixamos un video resumo da investigación sobre China que están facendo os Osiños e Osiñas .
Agardamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario