viernes, 18 de marzo de 2022

 Ao redor de 300 alumnos dos sete colexios de Moaña viviron unha xornada de convivencia na natureza coa plantación de árbores autóctonas (ao redor de 700 especies autóctonas frondosas como sobreiras, carballos, freixos, faias, bidueiros, loureiros, castiñeiros, cerdeiras, acevos, nogueiras e érbedos) nos montes de Moaña dentro do programa Aprende Moaña. Despois dun ano sen poder realizar a actividade do día da árbore por mor da pandemia, retomouse a celebración deste día co alumnado de segundo de primaria e tamén co alumnado de terceiro debido a que o ano pasado non se puido celebrar o Día da Árbore.

Trátase dunha actividade na que as tres comunidades de montes de Moaña, a de Domaio e, Meira , colaboran na súa realización posibilitando un encontro das crianzas coa natureza e a súa contorna. Este ano a comunidade de montes anfitrioa foi a comunidade de montes de Moaña e o lugar elixido para levala a cabo foi a contorna do miradoiro da Fraga, onde rapaces e rapazas de Moaña se xuntaron para plantar árbores autóctonas e gozar dunha xornada no monte e das actividades organizadas.

Os nenos e nenas foron recibidos pola concelleira de Ensino, Dolores Chapela e  polo presidente da Comunidade de Montes de Moaña, David Faria.

Despois de recuperar forzas coa merenda a rapazada gozou dunha animada actuación musical con Cé Orquestra Pantasma e tamén se contou coa presenza de axentes forestais do distrito que mostraron os seus equipos e fixeron unha demostración coa motobomba.
































No hay comentarios:

Publicar un comentario