A semana pasada tivemos a sorte de contar no centro cunha xornada de sensibilización da man da asociación Down Pontevedra, dentro da nosa semana da diversidade. Fixemos unha serie de dinámicas e aprendimos algunha que outra cousiña. Queremos agradecer aos monitores da asociación polo seu traballo e o seu trato pero especialmente a Óscar e Jose Carlos por deixarnos coñecer as súas aficións, contarnos un conto, etc. Aquí vos deixamos unha mostra da actividade. Moitas grazas por vir a visitarnos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario