jueves, 26 de enero de 2023

 O martes tivemos a sorte de contar no centro coa Asociación APAMP. Esta asociación ten coma misión a de contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, tanto a eles/as coma as súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

Estiveron connosco dous dos seus membros, Fernando e Nacho acompañados de Sara, unha das súas monitoras. Con eles, apredemos a xogar ao Slalom xa que Nacho foi sete veces campión de España e a Boccia.
Moitísimassssssssss graciassssssssss por vir, esperamos que repitades, xa que nos encantou coñecervos e xogar con vós.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario