miércoles, 22 de febrero de 2023

" Visita de Nico "

 A semana pasada tivemos a sorte de contar no centro con Nico, un rapaz de once anos que cursa sexto no Ceip Torre Cela de Bueu e que practica vela no Real Club de Mar de Aguete (Marín). Levou a cabo unha exposición para o noso alumnado de quinto e sexto de educación primaria sobre a navegación en clase Optimis para rapaces entre seis e dezaseis anos. Falounos das características das embarcacións, competicións, clases de nudos e equipamento. Así mesmo contounos a súa experiencia neste ámbito :cánto tempo entrenaba, días, horas, etc.

A verdade que estivo moi interesante. Moitas grazas Nico por acompañarnos e moitas grazas a Elda (nai de Raúl de quinto de primaria) por xestionar dita charla. Encántounos 😍!













No hay comentarios:

Publicar un comentario