sábado, 17 de junio de 2023

" Visitamos as Illas Cíes "

 O martes 6 gozamos dunha viaxe ás Illas Cíes que gañamos por participar no concurso do Faro de Vigo. O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixemos un vídeo sobre as Illas Cíes e resultamos ser os gañadores do concurso. Polo que o noso premio foi visitar estas illas. Invitamos tamén ao alumnado de terceiro para que nos acompañara  nesta aventura. Pasamos un día estupendo onde fixemos unha ruta para avistar paxaros vimos peixes e ensináronnos curiosidades sobre a historia destas illas. Foi unha experiencia maravillosa!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario