Tivemos a sorte o 20 de maio de ir a Cesantes a practicar o arte de mariscar. Os de infantil xa o fixeran en Moaña, pero esta vez fumos todo o cole como colofón final ao noso proxecto A Ría de Vigo. Non soamente mariscamos senón que tamén nos ensinaron artes de pesca e visitamos a lonxa de Cesantes. Pasámolo moi ben e portáronse moi ben con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario