Hoxe o alumnado de segundo e cuarto de educación primaria participaron coma voluntarios no ZAMPAKILOS SOLIDARIO organizado polo banco de alimentos de Vigo. Estivemos no Eroski de Moaña recollendo alimentos.
O presidente do banco de alimentos, Iván Martínez, e a responsable de comunicación Ruth Villar viñeron a agradecernos en persoa a nosa colaboración. Foi moi reconfortante ver a gran solidariedade da veciñanza de Moaña.
Como non podíamos estar todos xuntos facendo esta labor, aproveitamos para facer a compra e así traballar o cálculo con números decimais e desenvolver así, a nosa competencia matemática.
Bo traballo 😍.
No hay comentarios:
Publicar un comentario