O pasado 29 de abril, o alumnado de primaria fixo unha
dobre saída. Os primeiros cursos, de 1º a 4º, en colaboración coa Comunidade de
Montes de Meira, visitaron a explotación gandeira de Chan de Arquiña e aprenderon que as cabras teñen unha labor moi importante limpando os nosos montes e así evitar o risco de incendio.
Por outra banda, 5º e 6º visitaron a Torre de Meira e o seu entorno. Para elo
contamos coa colaboración como guía de Sergio, membro da Comunidade de Montes
de Meira, que nos foi guiando polo magnífico entorno e foinos desgranando
diferentes datos e curiosidades sobre o lugar. Contounos a historia da Torre,
os achádegos que se fixeron alí (algunha moeda, un puñal, restos de cerámicas,
algún que outro obxecto do que aínda non está moi clara a súa finalidade…), a
destrucción da mesma e os traballos que aínda quedan pendentes (polo que nos
contou Sergio, aínda queda moito por facer alí e por excavar), todo elo coas
magníficas vistas panorámicas que dende alí puidemos observar da ría de Vigo.
Moitas grazas a Comunidade de Montes de Meira por esta gran iniciativa 😍.
No hay comentarios:
Publicar un comentario