lunes, 16 de diciembre de 2024

" Bosque atlántico "

 

O pasado venres 13 de decembro, tivemos no centro  unha charla formativa e un xogo sobre o Bosque Atlántico e a súa biodiversidade para o alumnado de 6º e 5º de EP, dando resposta ós obxectivos para un desenvolvemento sostible de educación de calidade, acción polo clima e a vida de ecosistemas terrestres. 

Coñecemos un pouco máis as súas características, a flora propia deste bioma e recoñecemos algunhas das variedades na nosa contorna, empregando como fío condutor as especies de árboles autóctonas, cos valores e singularidades de cada unha delas.

Moi interesante! Desexando por en práctica o aprendido. Gazas ó concello de por facelo posible.




No hay comentarios:

Publicar un comentario