miércoles, 23 de abril de 2025

" Día do libro "

 Hoxe celebramos o día do libro no centro cunha visita moi especial. A visita de Blanca Trillo, que nos veu presentar o seu primeiro libro  "La aventura junto al Lago". Ademais o alumnado de educación infantil elixiu os libros para facer os apadrinamentos lectores co alumnado de primaria e pasar un momento agradable gozando da lectura e transportándonos a novos lares.

Foi unha actividade moi divertida, e sobre todo, con moita ilusión para o alumnado , pois gozaron da sabiduría das palabras. Moitas grazas a Salvador, papá de Hugo e Raquel por facilitarnos esta visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario