O alumnado de 1º e 2º tivo a posibilidade de gozar dunha xornada de multixogo organizada a través do programa xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar). A actividade levouse a cabo nos colexios de Seara e Reibón e alí puideron realizar diferentes xogos populares e tradicionais como as 4 esquinas, os zancos, pedra, papel ou tesoiras, o pano ou o brilé entre outros. Foi unha bonita xornada de convivencia onde interaccinaron co alumnado doutros centro da comarca como o Ceip Abelendo, Ceip de Tirán, Ceip de Reibón ou Ceip de Seara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario