O venres pasado os nenos e nenas de infantil visitaron o Teatro Afundación en Vigo para asistir á obra “E entón, un xadín” onde descubriron a historia duns fermosos monicreques. Pero antes puideron participar en dous obradoiros que tiñan preparados para eles, un sobre a moeda no que fixeron un ábaco en grupos e outro no que aprenderon moito do mercado de Ítaca e como aproveitar os cartos que tiñan para a súa viaxe imaxinaria.
Aquí vos deixamos unhas fotiños desta mañá tan completa e divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario