O alumnado de 4º realizou unha interesante visita guiada ao Concello de Moaña da man da concelleira de educación, Dolo, quen lles explicou con moita proximidade e entusiasmo o funcionamento das diferentes dependencias municipais.
Durante a visita, os nenos e nenas puideron coñecer espazos como o arquivo, os despachos ou o salón de plenos, pero sen dúbida, o momento máis emocianante foi a entrada nos calabozos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida, na que o noso alumnado aprendeu moitas cousas sobre o seu concello e a labor das personas que traballan nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario