O pasado 7 de maio visitamos as instalacións do TVG en Santiago.
Primeiro ensináronnos os estudios de gravación, onde gravan a lingua de
signos que emiten nos diferentes programas, e logo o gran plató de TV
onde emiten o "Telexornal Mediodía" e o "Telexornal serán". A
continuación leváronnos ás instalacións da RADIO GALEGA e tivemos a
oportunidade de participar como público na sección "A bóla extra" dentro
do programa "Galicia por diante". Estivemos falando co presentador Kiko
Novoa, que nos preguntou sobre o tema das contrasinais.
Podedes vernos no vídeopodcast do seguinte enlace, no tempo 2:35:00.
https://www.agalegaaudio.gal/videos/359749-galicia-por-diante-en-video-07-05-2026
Foi unha experiencia única!
No hay comentarios:
Publicar un comentario