lunes, 6 de mayo de 2024

" Visitamos a Policía Local de Pontevedra "

 O pasado venres 3 de maio o alumnado de infantil asistiu as instalacións da Policía Local de Pontevedra, onde nos ensinaron as súas oficinas, a sala de cámaras de vixiancia, os seus vehículos e todas as cousas que deben levar enriba. A verdade que aprendemos moitísimas cousas e foi unha experiencia única para nós.




" Los diez caracolitos "

 Este curso, os Caracoliñ@s iniciáronse no mundo da lóxico-matemática con diferentes actidades, xogos e propostas de conteo, os números, estimacións … Pero un dos recursos que máis lles gustou foi, sen dúbida, o conto “Los 10 fantasmitas” do cal fixeron unha fermosa adaptación que chamaron “Los 10 caracolitos” e que podedes ver a continuación.

Agardamos que vos guste moito!!




" Obradoiro Igualdade "

O martes 30, o alumnado de 5º curso participamos nun Obradoiro organizado polo Centro de Información da Muller (CIM) do Concello de Moaña para fomentar e traballar a igualdade entre ámbolos sexos.

Fixemos diferentes cousas que permitiron mostrar as nosas habilidades: facer unha cama, usar un desparafusador, cambiar bombillas, cambiar cueiros a bebés (empregando un boneco), coser botóns…




" Visitamos a explotación gandeira de Chan de Arquiña e a Torre de Meira"

 O pasado 29 de abril, o alumnado de primaria fixo unha dobre saída. Os primeiros cursos, de 1º a 4º, en colaboración coa Comunidade de Montes de Meira, visitaron a explotación gandeira de Chan de Arquiña e aprenderon que as cabras teñen unha labor moi importante limpando os nosos montes e así evitar o risco de incendio.
Por outra banda, 5º e 6º visitaron a Torre de Meira e o seu entorno. Para elo contamos coa colaboración como guía de Sergio, membro da Comunidade de Montes de Meira, que nos foi guiando polo magnífico entorno e foinos desgranando diferentes datos e curiosidades sobre o lugar. Contounos a historia da Torre, os achádegos que se fixeron alí (algunha moeda, un puñal, restos de cerámicas, algún que outro obxecto do que aínda non está moi clara a súa finalidade…), a destrucción da mesma e os traballos que aínda quedan pendentes (polo que nos contou Sergio, aínda queda moito por facer alí e por excavar), todo elo coas magníficas vistas panorámicas que dende alí puidemos observar da ría de Vigo.
Moitas grazas a Comunidade de Montes de Meira por esta gran iniciativa 😍.






" Visita a FPINNOVA "

O pasado venres 26 de abril, os cursos 5º e 6º de primaria fomos a Santiago de Compostela, á Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás) para participar no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova), organizado pola  Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Trátase da sexta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.

Puidemos ver e participar en diferentes proxectos de innovación e que abranguen as teconoloxías máis punteiras, protagonizados por diversos centros educativos de toda Galicia en colaboración con empresas e institucións: obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros máis.




" Agasallos polo día do libro "

Este ano para celebrar o día do libro, e tendo coma referente a solidaridade, o alumnado de Infantil e de 1º de Primaria decidiu agasallar a toda a comunidade educativa cuns imáns de frigorífico feitos cos seus debuxos. Neles, tiñan que representar o que para eles e elas significaba un libro, e o resultado foi marabilloso. Ademáis, para conmemorar este día, o alumnado de 4º de Educación infantil representou o conto "En casa de los tres cerditos huele mal" e o alumnado de 5º y 6º de Educación Infantil escenificou a obra de "A mellor sopa do mundo" xunto cunha cantiga en lingua de signos. 



jueves, 25 de abril de 2024

" Visita Xabier Blanco- AFAMO "

O pasado martes o alumnado de cuarto tivo a sorte de contar no centro con Xabier Blanco e responsables de AFAMO para coñecer a historia dos maios e compoñer as súas coplas, que cantarán o día 2 de maio nunha actividade que faremos en colaboración con Afamo e outros centros da contorna.