miércoles, 19 de diciembre de 2018

" Carta a PEDRO DUQUE "


ESCRIBIMOS UNHA CARTA … ¡ A PEDRO DUQUE!

Na nosa investigación sobre o Espazo descubrimos a grandes astronautas como Valentina Tereskova, Yuri Gagarín, Neil Armstrong e Pedro Duque.

Cando descubrimos que Pedro Duque vivía no noso país os nenos e nenas tivérono claro:  ¡podemos escribirlle unha carta!

Así que os Caracois, Osos e Elefantes puxéronse mans a obra e despois de dialogar, tomar decisións e facer algún que outro borrador, crearon unha fermosa carta na que lle explican a Pedro Duque cómo descubriron que era un astronauta famoso e que cómo crearon o seu propio planetario. Nesta mesma carta, fánlle preguntas sobre como conseguiu o seu traxe ou como chegou tan lonxe e por suposto, convídano a que veña a visitar a nosa escola.

Esta carta, vai acompañada de outra que escribiron as súas mestras Eva e Lucía onde lle explican a Pedro Duque o gran significado que ten a carta creada polos nenos e nenas e o gran traballo que hai detrás dela.

E… dende o sábado as dúas cartas van camiño do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario