PROPOSTA ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL CONXUNTA NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS/PRIVADOS DO MORRAZO
CENTROS EDUCATIVOS SOSTIBLES-RRR.CONSUMIDORES RESPONSABLES: PLÁSTICOS, GASTO ELÉCTRICO, GASTO DE PAPEL E AUGA...
Esta proposta propón abordar a temática dos comportamentos diarios que afectan negativamente ao medio ambiente: gasto superfluo de enerxía eléctrica, papel, auga; uso excesivo de plásticos.
O noso centro contribuirá da seguinte maneira:
§ Participando na campaña “venres sen plásticos”, agradeceríamosvos que nas merendas do alumnado non houbese embalaxes de plástico.
§ Traer as bolsas de teas para as merendas, confeccionadas no taller de costura onde colaboraron activamente as familias.
§ Utilización de tazas persoais para eventos (chocolatada, beber auga…), en substitución dos vasos plásticos dun só uso.
§ Utilización de botellas reutilizables (ex, tipo cantimplora) para a auga.
§ Que cada alumno traia unha toalliña pequena de tea para secar as mans (semanalmente deberá levar a casa para lavar), e así deixar de usar papel de mans. No caso do alumnado do comedor, deberán traer dúas toallas.
§ Instalación de puntos de reciclaxe escolar.
§ Patrullas de reciclaxe: cada día da semana un curso é o encargado de levar os diferentes contenedores ao patio para que se faga a reciclaxe de forma adecuada. Ademáis, cada venres os diferentes cursos se encargarán de levar o material reciclado aos diferentes colectores.
§ Realizar un consumo de auga responsable.
§ Realizar un consumo de enerxía eléctrica responsable.
§ Manter pechadas as portas polas que se pode perder a calor da calefacción.
§ Creación da figura da ecopolicía: responsables medioambientais que velen polo cumprimento dos acordos adoptados, que se apaguen as luces, se pechen portas, fiestras…
Axúdanos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario