INSTRUCIÓNS PARA O EMPREGO DA AULA VIRTUAL
- A cada familia chegaralle un correo da plataforma academicid no que se lle pedirá que acepten a invitación para participar na aula.
- Nese correo de invitación indicaráselle que vaian a un enlace e aí haberá que poñer un usuario e unha contrasinal, unha vez aceptado xa poderán entrar.
- Para ir a aula deberán acceder á páxina http://www.academicid.com.
- Introducir o e-mail co que estades rexistrados e o contrasinal creado.
- Premer en “Entrar”.
- Apareceranlle as aulas nas que este rexistrado, por exemplo aula de SEGUNDO, aula de INGLÉS, etc, Premer na aula na que queredes entrar.
- Unha vez dentro xa teredes os ficheiros repartidos por “clases”.
- Para descargar cada ficheiro so hai que premer enriba de cada un.
- Dentro da aula existen, ademais, diferentes posibilidades como un foro, tarefas, etc.
- Podedes devolver as tarefas feitas a través da aula.
Para calquera dúbida poñerse en contacto co centro.
Os titores, a través do foro da propia aula, poderán resolver todas as vosas dúbidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario