viernes, 20 de marzo de 2020

" TODO IRÁ BEN "

Ola familias!!

O equipo directivo do noso centro proponvos unha actividade para realizar cos nenos e nenas durante estes días tan complicados. Esta iniciativa, que comezou en Italia, podedes realizala moi facilmente.
Trátase de debuxar un arco da vella e acompañalo da frase TODO IRÁ BEN. É unha forma de animarnos todos e de non esquecer que despois da tormenta sempre vén a CALMA e a TRANQUILIDADE e que debemos ser OPTIMISTAS.

Estes debuxos son para colgar nas fiestras, pero antes de colgalos, podedes mandar ao correo do colexio: ceip.aguia@edu.xunta.es  unha foto co cartel, ou aínda mellor, unha foto dos nenos e/ou de toda a familia co cartel.
Colgaremos no blog do cole as fotos para que todos podamos velas. Animádevos e mandade as vosas fotos!!

Unha aperta moi forte e biquiños polo aire

No hay comentarios:

Publicar un comentario