Tivemos a sorte de asistir o pasado martes de xuño ao Pleno Municipal de Participación Infantil no Concello de Moaña. Cada centro educativo da zona, estivo representado por dous/dúas representantes do alumnado para facerlles chegar as nosas propostas.O noso centro estivo representado por Claudia e Antón, alumnado de sexto de educación primaria.
Ditas propostas saíron dun traballo previo que se fixo na aula a través dunha chuvia de ideas de onde se escolleron as dúas propostas definitivas. Mencionar que tamén neste traballo colaborou o concello proporcionándonos unha serie de obradoiros impartidos no centro a través da asociación Atelier Social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario