miércoles, 2 de junio de 2021

"Contacontos pola igualdade"


Dentro das actividades ofertadas polo concello de Moaña a prol da igualdade, o alumnado de educación infantil tivo o gusto de gozar dun contacontos. A verdade que o pasamo xenial...

É un conto fantástico para acompañar a nenos e nenas a entender a diferencia e a necesidade que temos os demais para ser quen somos, para estar a gusto con nós 

mesmos/as. Amámonos porque somos sexuados, cortados, porque somos seres necesitados/as. Adaptamos a historia para que se percaten as crianzas do importante do outro/a coa finalidade de convivir a gusto entre todos e todas. De que alguén nos gusta e saber por que nos gusta. A opción de ser redondos faría, como conta a historia, que a convivencia fose insoportable. Sendo entón seres recelosos, independentes.
A pregunta é o amor, a resposta é o sexo.



 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario