viernes, 16 de diciembre de 2022

 O alumnado de primeiro e segundo de primaria foron galardonados co primeiro premio de grupos no concurso de debuxo e fotografía das ILLAS CÍES, organizado polo FARO DE VIGO. A parte de asistires ao evento de recollida do premio, que para eles/as xa foi un premio en sí, estes poderán visitar as illas de valde. Encantoulles atopar alí a Abel Caballero e que lles adicara o encendido de luces de ese mesmo día.

 Dende o centro queremos agradecer a todas as familias a súa asistencia o evento e sobre todo, felicitar a todo o noso alumnado polo seu traballo e coma non as mestras encargadas de organizar todo isto; Cora e Arancha. ENHORABOA, SODES XENIAIS!




1 comentario: